O Concello de Ponteareas convoca a segunda edición do Certame de Fotografía

O concurso baixo o título Ponteareas no obxectivo ten coma finalidade involucrar á veciñanza no coñecemento do entorno para dar a coñecer as diferentes realidades da vila

É aberto e poderán participar nivel individual ou colectivo persoas maiores de 15 anos ata o 15 de setembro de 2016

“Coido que unha iniciativa moi atractiva porque promovemos o coñecemento do noso fermoso entorno, por unha banda, e por outra, é ao mesmo tempo, os participantes inmortalizan coas súas cámaras momentos e lugares da vila”, explica a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista.

Os participantes no certame deberán facer fotografías relacionadas con Ponteareas con diferentes temas: a xente, a paisaxe, os lugares, os monumentos, o urbanismo, os eventos, festas e romarías ou as labores tradicionais, por exemplo. As fotografías deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos. Poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor, en calquera técnica.

Poderán entregar un máximo de 3 fotografías nun tamaño mínimo de 18 x 24 e máximo de 40 x 50 impresas en papel fotográfico na Biblioteca Municipal de Ponteareas, sita na rúa da Perillana 9-11.

As demais condicións do certame poderán ser consultadas na páxina web do Concello ou no departamento de Cultura, sito na Biblioteca Municipal da rúa da Perillana 9-11.

O prazo de admisión de orixinais manterase aberto desde o día seguinte da data de publicación destas bases ata o 15 de setembro de 2016.