A Concellería de Servizos Sociais axuda a tramitar o bono social eléctrico

A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Manolo Troncoso, informa que está a disposición dos veciños e veciñas con menos recursos o bono social eléctrico. 

Este bono social aplicarase durante o prazo de dous anos, salvo que con anterioridade se produza a perda dalgunha das condicións que dan dereito á súa percepción. Será prorrogable si se solicita a renovación con unha antelación mínima de quince días hábiles da finalización do prazo de dous anos.

A solicitude do bono social pode realizarse a través da páxina web do comercializador de referencia, dirixíndose á traballadora social do Concello de Ponteareas que está no centro Social da rúa Oriente nº8 ou no propio teléfono do centro social preguntando polo departamento da traballadora social no 986 64 17 47.

No Centro Social os empregados municipais axudarán aos interesados a cumprimentar as solicitudes e a xestionalo. O bono social debe presentarse debidamente cumprimentado na compañía eléctrica.

Para a solicitude deberán aportar a seguinte documentación:dni, o certificado de empadroamento que se solicita no propio Centro Social na oficina do padrón, no caso de familias numerosas o libro en vigor, si na unidade familiar hai menores débese presentar libro de familia, no caso de pensionistas acreditar a condición de pensionista e se ten recoñecida a minusvalía terá que acreditala.

Na web do Concello de Ponteareas poden descargar os impresos para a solicitude do bono social na pestaña servizos sociais ou directamente neste enlace http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2017/10/BONO-SOCIAL-ELECTRICO.pdf

http://www.minetad.gob.es/energia/bono-social/Paginas/bono-social.aspx