A Concellería de Seguridade Cidadá estuda incorporar un dron como ferramenta para actuacións dos bombeiros

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas estuda o emprego de novas tecnoloxías e ferramentas como o dron para actuacións de emerxencia e para o desenvolvemento diario dos bombeiros de Ponteareas.

Vanesa Fernández, Concelleira de Seguridade Cidadá, explica que para mellorar a calidade do servizo dos bombeiros e axilizar nas súas actuacións, están estudando incorporar o uso do dron para o que parte do persoal de bombeiros debería formarse nun curso básico de cincuenta horas de duración e nun curso avanzado de 70 horas teórico-práctico que lle permita obter a titulación de “piloto de RPAS (Remote Pilot Authorized System) homologado por AESA a través de ATO.