A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que xestiona Verónica Carrera organiza un curso de Alemán que terá lugar os días 20, 23, 27, e 30 de xuño e 4, 6, 8 11, 13 e 15 de xullo.
Sen dúbida a principal razón para aprender alemán é o traballo. Austria conta coa taxa máis baixa de desemprego dos países da Eurozona; Suíza é un dos países máis ricos e que conta coas mellores condicións de traballo; o motor de Europa, Alemaña, ofrece grandes oportunidades de emprego a todo aquel que queira traballar. Pero o dominio do alemán é un requisito imprescindible para traballar nestes países. Son moitos os que probaron sorte e emigraron dos seus países na procura de traballo, pero isto non é sinxelo sen un coñecemento previo de alemán.
O curso está aberto a todos os mozos e mozas de Ponteareas e a súa inscrición é de balde. O prazo para anotarse remata o vindeiro 19 de xuño.
As clases desenvolveranse na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Municipal de Ponteareas, en horario de16:00 a 18:00 durante o mes de xuño e de 10:00 a 12:00 h .
Para realizar a inscrición ou para solicitar máis información os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 672 105 468.