A Concellería de Ensino publica a listaxe de admitidos do comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas adianta que xa está publicada a listaxe de admitidos para o comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey. A listaxe pode consultarse no enderezo electrónico http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2017/07/Listaxe-Provisional-de-Admitidos-Comedor-Bouza-Brey.pdf
Como aínda quedan prazas tódolos interesados poden inscribirse no seguinte enlace da páxina web do Concello de Ponteareas http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2017/07/SOLICITUDE-PRAZA-COMEDOR.pdf
O horario do servizo de comedor é a partir das 14 horas enlazando directamente co remate da xornada escolar e quedando ao cargo dos monitores ata as 16 horas que os veñan recoller as familias ou momento en que comezan as actividades extraescolares no Colexio.
“Os/as monitores/as atenden ao alumnado unha vez que rematan de xantar e quedan con eles aprendendo hábitos de vida saudables ou introducíndose en actividades deportivas, entre outras moitas actividades que realizan nese tempo. Para facilitar a conciliación familiar o persoal encargado deixa aos pequenos e pequenas directamente nas actividades extraescolares no caso de que os pais ou titores legais así o indiquen previamente”, explica a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández.