A Concellería de Ensino pecha con 197 solicitudes o prazo para as axudas de apoio ao estudo do curso 2016/17 destinadas ao alumnado de etapas de ensino non obrigatorio

Coa maior brevidade posible, a resolución e o listado provisional serán publicados nos próximos días na web e no taboleiro de anuncios do Concello

O Goberno local aprobou esta iniciativa cunha partida orzamentaria de 20.000 euros co fin de apoiar ás familias con ingresos limitados, e que non dispoñen de ningunha outra axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar

“Con esta medida faremos que familias que até o de agora non tiñan ningún tipo de apoio económico por parte das administración públicas poidan soportar o gasto de comezo do curso escolar.”, indica a edil Cristina Fernández.

197 unidades familiares con menores a cargo, sobre todo na etapa de Educación Infantil, son os solicitantes das novas axudas que a Concellería de Ensino, coordinada por Cristina Fernández, ten convocadas. O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado 30 de setembro de 2016.  A contía da axuda final nunca será maior, en ningún caso, da totalidade do gasto xustificado até un máximo de 100 €.

A Concellaría de Ensino publicará as listaxes das familias beneficiarias destas axudas na maior brevidade de tempo posible.