A Concellería de Ensino apoia á folga do 24 de novembro pola derrogación LOMCE e a eliminación das reválidas convocada pola Confederación de ANPAs galega

Por este motivo ofrece actividades na Biblioteca Municipal entre as 9.00 e as 14.00 horas para atender ás nenas e nenos

O vindeiro xoves 24 de novembro a Confederación de ANPAs galegas o Concello de Ponteareas habilitará varias salas da Biblioteca Municipal para facer unha serie de actividades como contacontos, pinturas, talleres medioambientais ou xogos de mesa dirixidos a alumnado de Infantil e Primaria que desexen participar en horario de 9 a 14 horas. As familias interesadas deberán dirixirse ao Departamento de Educación no andar baixo da Casa do Concello ou ao teléfono 673 794 880.