A Concellería de Cultura convoca as xornadas de teatro “Pon-Teatro”

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, en colaboración cos grupos de teatro afeccionado de Ponteareas, pon en marcha unhas xornadas de teatro non profesional denominada PON- TEATRO coa finalidade de poñer en valor as artes escénicas e da improvisación, así coma o espíritu de colaboración e difusión cultural no noso idioma.
A participación será aberta a todos os grupos teatrais do Concello e mesmo da comarca nun número máximo de seis grupos e as obras serán representadas en lingua galega. As xornadas terán lugar no auditorio municipal durante o mes de outubro.
Os grupos poderán inscribirse no Departamento de Cultura ata o vindeiro día 17 de setembro e consultar as bases no seguinte enlace da páxina web do Concello de Ponteareas na pestaña “Cultura” http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2013/10/Xornads-de-Teatro.pdf
O xurado puntuará a mellor obra, mellor atrevo de escenario, mellor vestuario, mellor actor, mellor actriz e mellor dirección.
O Concello repartirá un premio único por unha cuantía máxima de mil euros entre todos os grupos participantes, cun mínimo de 150 euros e un máximo de 200€ por grupo. Tamén concederá un agasallo de recoñecemento aos seleccionados no apartado anterior.