A Concellaría de Cultura convoca o XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas, o máis lonxevo de Galicia

O Concello destina 4.500 euros en  premios

Poderán solicitar a súa participación no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos do Estado  Español e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional, sen modificación de ningún tipo

O vindeiro 24 de setembro un máximo de 12 grupos presentarán ás pezas no tradicional e prestixioso certame a realizar no Auditorio Municipal

A data límite para presentar a solicitar a inscrición na cuadraxésimo novena edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas é o 13 de setembro de 2016. O modelo está dispoñible no Departamento de Cultura ou na web, e dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas para a súa presentación.

Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición, debidamente cumprimentada, o enderezo e número de teléfono de contacto. A selección será por rigoroso orden de inscrición. A orde de participación no concurso será a correspondente coa orde de inscrición. O día 15 de setembro, o Concello resolverá a listaxe de grupos admitidos no concurso, notificándoo a todos os inscritos.

As bases tamén poden ser consultadas no Departamento de Cultura ou na web do Concello de Ponteareas.

Os grupos participantes estarán ás 16:30 horas da tarde do sábado, día 24 de setembro de 2016, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 17:30 horas terá lugar o XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas.

O Concurso de Gaitas de Ponteareas estará dotado dos seguintes premios:

 

  • 1º PREMIO 1800,00 euros
  • 2º PREMIO 1200,00 euros
  • 3º PREMIO 900,00 euros
  • 4º PREMIO    600,00 euros

 

O Concello de Ponteareas abonará a todos os grupos participantes, que non obteñan premio en metálico, a cantidade de 200,00 euros pola actuación realizada.