COMUNICACIÓN URXENTE: perigo por aparición de trampas para animais

Nas últimas horas detectáronse polo chan nalgunhas zonas próximas anacos de comida con cravos introducidos no seu interior, aparentemente preparados para causar danos a animais, particularmente cans. Algún xa resultou afectado pola inxesta destes alimentos.

Os servizos municipais procederon a inspeccionar de inmediato a zona para comprobar e tentar detectar máis trampas semellantes.

Solicitamos á veciñanza

  • Que extremen as precaucións especialmente se circulan polos espazos públicos con animais domésticos.

  • Que poñan en coñecemento da Policía Local a aparición de máis trampas destas características.

  • Que faciliten calquera información que permita identificar á persoa desprensiva e perversa que actúa con esta crueldade para poder proceder á súa detención.

Para calquera información poden contactar coa Policía Local

(092 desde Ponteareas ou 986640050 – policialocal@ponteareas.gal)