A comparsa “ Confarsa ”, da Asociación de Veciños da Calle de Abaixo, acada o primeiro premio no Concurso de Comparsas de Ponteareas.

1premitocomparsasEste martes de Entroido, Ponteareas volveu vibrar co desfile de comparsas polas rúas, no que participaron tanto comparsas da vila como das parroquias da vila do Tea. Tras o desfile e ante a expectación dos asistentes e participantes por coñecer os premios ás mellores comparsas, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, procedeu á entrega dos ansiados premios. O primeiro premio de 500 euros  recaeu na comparsa  “Confarsa”, da  AAVV da Calle de Abaixo. O segundo premio, con 300 euros, foi outorgado á comparsa da AAVV San Vicente e Canedo co título “No país das marabillas”; o terceiro premio, de 200 euros, obtívoo a Comparsa Pradocao, da parroquia de Prado e o cuarto premio, consistente en 100 euros,  conseguiuno a comparsa “Apartai que veñen”, do Centro Cultural Os Muíños de Oliveira. O premio especial de 300 euros á mellor comparsa das parroquias recaeu na comparsa “Campechanos Cubanos” da parroquia de San Mateo de Oliveira.