“Como negociar cos/coas adolescentes”, sigue aquí a charla coa coach e psicopedagoga Ana Couto

Con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se celebra mañá 14 de novembro, Ponteareas amosa o seu apoio e compromiso cos e coas pacientes desta doenza. A través da nosa web e das redes sociais poderá seguirse a charla “Como negociar cos/coas adolescentes”, organizada pola Concellaría de Saúde e a Asociación Anedia –Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia -.

 

No marco dun proxecto de apoio psicolóxico para as familias, a coach Ana Couto dirixirase a través das pantallas ás familias con adolescentes afectadas pola diabetes para ofrecerlles asesoramento e orientacións para o seu día a día. Sigue aquí a charla [yotuwp type=”videos” id=”s1HeGNWDxLM” player=”cc_load_policy=0&iv_load_policy=3″]