O Concello de Ponteareas, na súa sesión ordinaria do día 10 de febreiro, acordou aprobar as bases que rexen o Plan Cultural Municipal para o ano 2014.
Con esta iniciativa, posta en marcha por primeira vez o ano pasado, o concelleiro de Cultura pretende poñer en valor as infraestruturas culturais construídas nas diferentes parroquias e dinamizar estas, ofrecéndolles cursos e actividades culturais así como actividades musicais das diferentes agrupacións musicais e culturais do noso concello.
Deste xeito, os centros culturais e locais sociais do termo municipal de Ponteareas poderán contar con actuacións de grupos de gaitas, grupos folclóricos, grupos de pandeireteiras, bandas de música, orquestras de cámara, bandas de gaitas, grupos rock, grupos de teatro, etc., a prezos moi competitivos e cunha subvención por parte da Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas do 75 por cen do caché das agrupacións incluídas neste plan.
Este Plan Cultural Municipal inicia a súa andaina cunha partida presupostaria de 12.375 euros, que vai permitir desenvolver nos centros culturais e locais sociais de Ponteareas máis de 50 actuacións de grupos e agrupacións musicais da nosa localidade.
Bases Do Plan Cultural Do Concello De Ponteareas 2014 (57.9 KiB)