Comezo dos cursos de galego Celga 2 e Celga 3 en Ponteareas

celgaO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, quere informar a todas as persoas interesadas do inicio do curso preparatorio para a obtención do Celga 2 e o Celga 3. Ambos os dous comezarán o día 1 de abril no IES Val do Tea e terán unha duración de 70 horas lectivas.  O Celga 2 impartirase  de luns a venres, das 19 ás 21 horas, e o Celga 3, os luns, das 17:30 horas ás 19:30 horas, e os martes e xoves, das 18:00 ás 21:30 horas. Estes cursos gratuítos están organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Así mesmo, todas as persoas interesadas en presentarse ás probas para a obtención do Certificado Celga poden recoller a solicitude e o impreso de taxas no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán a información e o asesoramento necesarios para tramitar a solicitude. O prazo para solicitar a participación nas probas remata o día 11 de abril de 2014.celga