Comeza a reforma de catro vivendas das casas dos mestres

sdr

O goberno de Ponteareas informa que xa comezaron as obras de restauración e rehabiltación de catro vivendas das casas dos mestres ubicadas na rúa dos mestres e propiedade municipal, tres delas destinadas a emerxencia social.

Cun orzamento total de licitación de   202.042,13€€ que son financiados polos fondos europeos de desenvolvemento sostible dentro da estratexia “Ponteareas, hábitat saudable”.

Co obxectivo de dispor de vivendas cálidas ailladas axeitadamente, mellorarase a envolvente e o tellado dun bloque de tres vivendas (casas nº 13, 15 e 17) e realizarase unha reforma interior en dúas de delas (13 e 15).

Ademais, tamén se realizarán obras no interior da vivenda número 5 donde se procederá tamén ao cambio das ventás por unhas de mellor aillamento térmico e acústico.

O proxecto respectará a actual distribución que conta con estar-comedor, cociña, tres dormitorios e un baño, colocando a maiores, un aseo debaixo da escaleira que da acceso á zona de noite ubicada no andar primeiro, mentres que a zona de día segue a quedar no andar baixo. Deste xeito donde existía un almacén haberá un aseo para a zona de día.

No ano 2017, o obradoiro de emprego xa intervira nas vivendas 5 e 13 colocando unha nova instalación eléctrica e de fontanería, ademais de alicatar a cociña e os baños, incluíndo a colocación dos sanitarios. Tamén se colocara un novo solo cerámico no andar baixo e no primeiro andar un solo laminado que agora a reforma tentará respectar o máximo posible.

O concelleiro de servizos sociais, Manolo Troncoso, adianta que estas eran unha obras moi necesarias para poder dispor de vivendas dignas cando se producen situacións de emerxencias.