O Combo Dominicano actuará mañá xoves na Praza Maior

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas convida a tódalas veciñas e veciños a participar nas actividades das festas do mes de setembro. Como arranque das festas de San Miguel mañá xoves día 28 a partir das 18 horas comenzará o pasarrúas dos xigantes e cabezudos polo casco urbano acompañados de música tradicional e ás 22 horas na Praza Maior actuará a orquestra “Combo Dominicano”.
O venres, día festivo local, na praza Bugallal actuará a banda de música Unión de Guláns e ás 13:30 horas na praza Bugallal será o momento do lanzamento dos globos de San Miguel. Ás 17:30 horas é o turno dos máis pequenos/as con animación infantil e ás 21:00 horas comeza a verbena coa orquestra Palladium na praza Bugallal. A orquestra Miramar actuará na Praza Maior de 22:30 a 01:30 horas.
O sábado día 30 na praza Maior a orquestra “Magos de España” tocará o primeiro pase a partir das 21:30 horas e o segundo pase ás 00:30 horas.
O domingo día 1 de outubro ás 20:00 horas no auditorio municipal a Banda de Música Xuvenil de Xinzo xunto á Soprano Teresa Novoa porá o broche de ouro cunha Zarzuela que despedirá as festas de setembro.