Colle os teus patíns e ven gozar libremente dunha noite de patinaxe

A concellaría de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza para mañá sábado día 3 ás 21 horas unha actividade de patinaxe libre no pavillón municipal Álvaro Pino.

Dentro da programación de Mocidade Viva, a concellaría convida a toda a mocidade a coller os seus patíns e gozar libremente da patinaxe sempre cumprindo as distancias e normativas de seguridade sanitaria.