O Club Luar de patinaxe emprende novos retos

O Club Luar de patinaxe convida a toda a veciñanza a apoiar as súas patinadoras da sección show promocional que por vez primeira participan no Torneo Internacional Copa de Vigo que se desputará esta fin de semana no pavillón central das Travesas en Vigo ás 16:30 horas.

As sete integrantes do grupo sairán defender a súa coreografía titulada “500 grados centígrados”.

O club agarda que esta participación lles sirva como rodaxe e aprendizaxe para afrontar vindeiras competicións.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, deséxalles que desfruten neste novo reto e anímaas a seguir superándose.