As risas clausuraron este sábado o “Obradoiro gratuíto de iniciación ao clown”, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas. Nesta última sesión, os participantes fixeron unha representación aberta por grupos de todo o aprendido neste obradoiro ante o público asitente que gozou desta representación sen parar de rir.
Este obradoiro estaba dirixido a persoas maiores de 16 anos, cunha duración de 15 horas no que os asistentes aprenderon as técnicas de expresión dos pallasos, a xestión do sentimento de ridículo, entre outras ferramentas teatrais.
Esta actividade, encádrase dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para os concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, entre os que se encontra o Concello de Ponteareas, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández.