No Salón de Plenos, do Concello de Ponteareas, ven de ter lugar a a clausura do curso 2013-2014, do centro municipal Asprodico de Ponteareas, centro dependente da concellería de Servizos Sociais-Atención Primaria.
Ao acto de clausura asitiron o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e a concelleira responsable, Marisol Valado, acompañados polos docentes do centro e o director, Aurelio Otero.
Ao longo deste ano, o obradoiro ocupacional contou con 15 alumnos, con diferentes discapacidades físicas e psíquicas, que dende outubro a xuño puideron recibir diferentes talleres, que tiñan como principal obxetivo o desenvolvemento da autonomía persoal dos mozos e mozas.
Tamén o taller de educación de adultos, con 37 alumnos, que na súa meirande parte son perceptores da RISGA. A maioría dos asistentes do curso foron mulleres.
Hai que mencionar tamén os alumnos da preparación das probas libres da E.S.O. para persoas con discapacidade; aprobando unha das alumnas e outra un dos módulos de tres. Salientando que na Comunidade houbo tan só un 5% de aprobados.
Todos os asistentes recibiron un diploma, así como unhas palabras do alcalde e maila concelleira, que os animaban a continuar coa formación e aprendizaxe de novos contidos, aproveitando as posibilidades que dende este centro municipal se ofertan e que continuará, de cara ao vindeiro ano, destinando os recursos necesarios que garantan unha formación de calidade, xunto con todos os novos talleres sociais e de autonomía persoal que se viñeron pondo en marcha nos últimos meses.