Cita coa natación este sábado en Ponteareas

A concellería de Deportes que dirixe Nahir Covelo convida a toda a cidadanía a desfrutar da natación coa primeira xornada do Campionato Provincial Absoluto.

Esta proba celebrarase o sábado día 30 ás 17 horas na piscina do complexo deportivo municipal Álvaro Pino e a entrada será de balde.

Grazas ao traballo do Club Natación Ponteareas contaremos con esta proba que supón unha oportunidade extra engadida ás citas oficiais do calendario tanto da federación galega como da federación española.

Oito equipos competirán este sábado na nosa piscina municipal volvendo ser escenario de deportividade.