Cine na rúa o xoves 20 de agosto en Ponteareas

A película “Perdiendo el norte” será proxectada a partir das 22:00 horas na Praza de Bugallal

Perdiendo_el_norte-772997722-largeA concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, ten prevista a proxección da película “Perdiendo el norte” o vindeiro xoves, 20 de agosto, a partir das 22:00 horas na Praza de Bugallal.

O filme versa sobre as dificultades de dous xoves con formación universitaria que deciden emigrar a Alemaña na procura dun futuro laboral máis esperanzador do que atopan en España.

A actividade enmárcase dentro da programación cultural que a propia concellería deseñou para os meses de xullo e agosto.