A emisión da película realizarase na Praza de Bugallal e enmárcase no conxunto de actividades previstas para as Festas de Setembro en Ponteareas
Unha historia de superación e, sobre todo, de coraxe. Así se podería resumir o argumento dun filme denominad
o “Os Fenómenos” que narra a historia dunha muller abríndose paso nun entorno laboral dominado por homes.
A proxección dará comezo ás 21:30 horas na Praza de Bugallal, o vindeiro venres, 4 de setembro, e forma parte do conxunto de actividades que a concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, ten organizadas para as Festas de Setembro na vila do Tea.