Cine de terrror para a mocidade de Ponteareas mañá ás 21.00 horas no Salón Multiusos do Auditorio Municipal

Proxectarase a película “Feliz día da túa morte 2”, recomendada para maiores de 12 anos, e a entrada será de balde

 

Ponteareas recibe o Samaín con cine de medo. O Concello organiza este sábado ás 21.00 horas a proxección da película “Feliz día da túa morte 2” para a mocidade. A entrada é de balde ata completar aforo e é unha actividade para mozos e mozas maiores de 12 anos, xa que non está recomendada para menores desa idade. 

 

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, anima aos “mozos e mozas a gozar do Samaín cunha película de medo”, e explica que dende o Concello, á hora de configurar a programación de actividades, “sempre temos en conta as propostas da mocidade para ofrecerlles grandes alternativas de ocio sen saír do noso concello”.

 

“Feliz día da túa morte 2” conta a historia de Tree  Gelbman, unha muller que  volve entrar inesperadamente nun bucle temporal onde a asasinan cada día. Mentres trata de fuxir dáse conta que os seus amigos agora están involucrados, que a que pensaba que era a asasina foi asasinada, e que a única forma de saír do bucle e atopando ao verdadeiro asasino.