Cine ao aire libre con “Cuñados” mañá ás 22.30 horas no parque da Feira Vella

 

A entrada para ver a comedia que protagonizan Touriñán, Miguel de Lira, e Federico Pérez, será de balde ata completar aforo

 

O Parque da Feira Vella de Ponteareas volverá a converterse mañá a noite nunha sala de cine ao aire libre. Ás 22.30 horas comezará a proxección de “Cuñados”, unha comedia liderada polos galegos Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, e Federico Pérez. A entrada é de balde ata completar aforo.

 

A película conta a historia de Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán). Acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Con todo, é o propio Modesto quen  urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Este