Cincuenta metros cadrados de arte floral ao estilo Ponteareas na Orotava

FOTOGRAFÍA GERMÁN LORENZO FARIÑA

Once alfombristas do Cantón de Boavista acompañados do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e da concelleira de Comercio, Inés Vidal, representan a Ponteareas na vila da Orotava en Canarias. 

No día de hoxe confeccionaron unha alfombra floral de cincuenta metros cadrados na rúa perfilada co capucho da landra de carballo e realizada con urceira verde e negra, pampullo e tuia levados dende Ponteareas e outras flores como rosa ou caravel facilitadas todas pola asociación de alfombristas de La Orotova.

Cun deseño de motivos florais ao estilo Ponteareas a alfombra ponteareá atrapou a ollada dos moitos visitantes que se achegan ao longo desta semana a La Orotova.

O Alcalde de Ponteareas destaca a importancia deste estreito irmanamento que enriquece ás dúas cidades e fai que compartan coñecementos e o mesmo gusto pola arte floral.

FOTO TIRADA DENDE O CAMPANARIO DA IGREXA