Cincocentos ciclistas de toda Galicia competirán na Mini BTT

A concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, e o presidente do Clube Ciclista Ponteareas, Marcos Porto, presentan o Gran Premio Mini BTT que terá lugar o vindeiro domingo 15 de xullo a partir das 11 horas.

Arredor de 500 ciclistas de todos os clubs de Galicia competirán nesta proba para equipos federados nas categorías de benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil, cadete e feminas.

A proba disputarase no campo de adestramento do Clube Ciclista Ponteareas nas Cachadas e sorteará agasallos ao remate da proba. Tamén disporá dunha cantina aberta ao público.

Ciclistas de toda Galicia de entre tres e dezaseis anos pedalearán no circuito do Club Ciclista Ponteareas que convida a toda a veciñanza a gozar deste espectáculo deportivo.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima a tódolos participantes a dar o mellor de si e a participar nesta relevante proba deportiva.