Chus Garrote urxe a Xunta a achegar o financiamento polos danos dos temporais de xaneiro e febreiro de 2016

“O Señor Núñez Feijoo, ante a negativa do Estado de asumir parte da financiamento dos danos, pretende que sexan os Concellos e a Deputación de Pontevedra os que asuman un terzo cada un destas administracións do que en realidade é competencia súa e do Estado central, ambos en mans do PP”, sinala a 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira de Urbanismo e Vías e Obras.

Nos meses de xaneiro e febreiro de 2016 producíronse cuantiosos danos en numerosas infraestruturas de diversa índole en Ponteareas, por mor dos fenómenos meteorolóxicos adversos deses meses, danos como desprendementos de terras, de muros, danos en estradas municipais, en instalacións deportivos, ou no paseo fluvial, entre outras. Por mor disto, o Concello de Ponteareas solicitou a declaración de Ponteareas como zona de emerxencia, pedíndolle a Xunta axuda para a reparación dos danos causados, sendo declarada como tal pola administración autonómica.

Dende o Concello de Ponteareas, foi remitida á Xunta de Galicia un informe xustificativo onde se cuantifica que o importe dos danos ocasionados por mor dos temporais sufridos ascendía a 411.753,90 €.

Non obstante, ata o de agora non chegou ningunha financiamento por parte da Xunta ao Concello de Ponteareas. “A Xunta de Galicia pretendeu que unha parte deses fondos os asumise o Estado, pero ante a súa negativa, pretende que non sexa so a administración autonómica a que aporte os cartos, senón tamén os Concellos e a propia Deputación, algo imposible de soportar polas arcas municipais. Os danos dos temporais son competencia da Xunta de Galicia, do señor Feijoo, e do Estado central”, sinala Chus Garrote, Concelleira de Urbanismo e Vías e Obras.

A Concelleira de Urbanismo urxe a Xunta a que achegue de inmediato o financiamento necesario, “posto que os veciños urxen estas melloras e hai que darlle unha solución. As máis urxentes e aquelas que supuñan un risco para a seguridade dos veciños non tivo máis remedio que asumilas o Concello, a pesares de que isto é unha competencia exclusiva da Xunta de Galicia. Pero as arcas municipais non poden asumir o que pretende o señor Feijoo, xa que os recursos deste concello todos sabemos o limitados que son”.

Do mesmo xeito, sinala, “é inaceptable que o señor Feijoo pretenda agora botar balóns fora cando era el mesmo o que no 2009 esixía a Xunta de Galicia, na que estaba daquela gobernando o bipartito, a financiar exclusivamente os danos dos temporais e das riadas, aducindo que era a súa competencia exclusiva”.

A Concelleira de Urbanismo sinala que son moitos os arranxos necesarios que se deben acometer, “e a Xunta debe dar unha solución inmediata a esta problemática”.