Chega a segunda edición do Carballeira Rock a Celeiros

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas presentou a segunda edición do Festival Carballeira Rock que terá lugar este venres día 21 de xullo ás 23 horas.
Trala boa acollida da primeira edición, o Centro Cultural San Félix de Celeiros que organiza o evento, convida a tódolos veciños e veciñas a participar nesta segunda edición na que haberá servizo de bar con bebidas e bocadillos quentes e frío a precios moi populares. Tamén haberá un posto de cervexa artesá Curuxa.
O grupo School rendirá tributo a Nirvana no Centro Cultural de Celeiros, a continuación actuará Max Power con versións de rock clásico e xa por último será o turno de RDG con versións propias.
A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, destaca a importancia de apoiar as iniciativas da xente de Ponteareas que coas súas ideas enriquece a programación cultural.