Chega o III Torneo de Xadrez e Natureza ao parque forestal A Fraga do Rei

O Concello de Ponteareas acolle o III Torneo Xadrez e Natureza que terá lugar este domingo día 25 de xuño no parque forestal “A Fraga do Rei” en Cristiñade, organizado pola Escola Municipal de Xadrez en colaboración coa Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez.
A inscrición segue aberta ata o día 24 de xuño ás 22:00 horas cun límite de 80 prazas. Tódolos interesados poderán inscribirse no teléfono 627 249 951 ou no enderezo electrónico xadrezponteareas@yahoo.es indicando o nome, apelidos, data de nacemento do participante, categoría e club, Colexio ou escola á que pertence.
As modalidades e categorías serán escolar nados nos anos 2005 e posteriores e absoluta nados nos anos 2004 e anteriores.
O sistema de xuízo a seis roldas realízase cun programa informático para as dúas categorías e non se admitirán reclamacións aos emparellamentos, a menos que se produzan erros na introdución manual de resultados.
O torneo rexerase polas Leis de Xadrez da FIDE e a man que xoga é a que debe pulsar o reloxo.
Tódolos xogadores da categoría absoluta que rematen o torneo recibirán un detalle da organización.
Tamén se entregarán diplomas a tódolos participantes e unha vez rematada a entrega de trofeos procederase a realizar un sorteo de agasallos entre os xogadores participantes menores de dezaseis anos.
Ester torneo coincide co XXV aniversario do Club.
O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima aos rapaces e rapazas a anotarse no torneo, e aproveitou tamén para “felicitar á Escola Municipal de Xadrez por todos estes anos de adicación”.