Chega a Festa do Polo á Brasa este domingo a partir das doce do mediodía

A Casa Cultural, Artística e Deportiva Areas celebra a XVI Festa do Polo á Brasa este domingo día 20 de agosto a partir das doce do mediodía. O artista Antonio Barros será o encargado de dar lectura ao pregón ás 13 horas no parque da Bouza Vella de Ganade, en Areas. 

A organización decidíu manter o prezo do ano pasado e por pouco máis de nove euros pódese degustar o tradicional polo á brasa con patacas, pan, botella de viño e café. No recinto tamén haberá a posibilidade de mercar produtos de repostería típicos de Ponteareas.

A festa gastronómica estará amenizada con música, baile e canto tradicional co grupo folclórico da Casa Cultural Areas e pola pandereteiras “Tolerías”.

No recinto non se permite ocupar as mesas da festa con alimentos ou bebidas que non sexan propias da xuntanza gastronómica. O recinto do parque será para uso exclusivo da festa, explica a organización que para garantir o bo desenvolvemento e comodidade dos participantes é preciso cumprir unhas normas básicas, sendo así posible que todo o mundo poida gozar desde día de festa.

A organización da Festa do Polo á Brasa leva dezaseis anos traballando xuntos, un feito que fai que ano tras ano crea o número de participantes.