Chega a VI edición do Trail de Arcos aberto para todos e todas os afeccionados ao atletismo e á montaña estean ou non federados

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Deportes, Nahir Covelo, apoiaron a presentación do trail Arcos-José Teixeira que chega a súa sexta edición. Organizada polos Caminhantes do Condado, esta proba forma parte da Copa Galega de carreiras por montaña absoluta, junior e cadete.

Este ano a organización quixo darlle a volta ao percorrido e fará que todas as súas probas se corran ao revés rompendo a monotonía e facendo que os corredores vexan a outra perspectiva da ruta.

Ata o vindeiro xoves 3 de outubro todos e todas as interesadas poden inscribirse na páxina web www.galitiming.es xa que poden participar todos os afeccionados ao atletismo e á montaña que así o desexen, estean ou non federados.

Organizada polo  Club Caminhantes do Condado, a carreira transcorrerá unha vez iniciada a saída por sendeiros e pistas durante 4,5km ata a Cruz da Picaraña, desde alí irá dirección ao Castelo do Sobroso sobre o km 10. Saíndo do castelo á estrada subirá ata Coto Landín, donde se desdoblará e o trail curto se dirixirá hacia a Chan das Carballas, vértice xeodésico para despois baixar ata Arcos; e o trail longo discurrirá desde Coto Landín en dirección Castro de Troña km 16, para despois cruzar a parroquia de Pías, ata chegar ás ruínas da Casa do Tapalata, baixaremos ata o km 19 en Quintela. Desde alí subiremos pola trailera que nos levará de novo ao Monte da Picaraña ata o vértice xeodésico, para logo baixar en dirección á meta na Casa Cultural de Arcos.

A saída e a meta están ubicadas na mesma zona. O Centro Cultural da parroquia de Arcos será testemuño do pistoletazo de saída e chegada de todos os corredores. A saída para o trail longo de 26 kms será ás 09 horas e ás 10 horas para o trail curto e mini trail que transcorrerá por pistas, sendeiros e camiños de terra tendo un 2% de asfalto. 2% de asfalto.

Tamén haberá unha andaina polo roteiro dos Penedos que sairá ás 10:15 horas e percorrerá 8 km.

TRACKS