Charla-coloquio sobre as facturas eléctricas e o aforro enerxético

PRENSANo día de onte levouse a cabo, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, unha charla-coloquio sobre as facturas eléctricas e o aforro enerxético no fogar, negocios,… organizada pola O.M.I.C. do Concello de Ponteareas.

O acto foi presentado pola tenente alcalde, dona Belén Villar, e clausurado pola concelleira de Consumo, dona Marisol Valado, a que agradeceu ao público a súa presenza e comprometeuse unha vez máis en seguir avanzando, no senso de facilitar información aos veciños e veciñas  como consumidores, dende a concellería de consumo que dirixe.

Os veciños, que encheron a sala, participaron ao final da charla nun turno de preguntas enriquecedoras, ademais de que varios deles  trouxeron as súas facturas, para que nese acto puidesen ser analizadas  polos expertos na materia.

Participou na charla como poñente  D. Xoaquín Álvarez Domato, funcionario do Instituto Galego de Consumo, quen a modo de resumo explicou os cambios acaecidos nos últimos anos no sector eléctrico e as novas facturas, aprobadas polo goberno no mes de maio no B.O.E., e que proximamente chegarán aos nosos fogares.

Outros dos poñentes foi D. Serafín Valencia Triviño, da Sociedade Cooperativa “Nosa Enerxía”, que explicou que a cooperativa a que representa é a primeira en Galicia,  e que ten como obxeto a comercialización da enerxía renovable certificada, apostando por unha xestión transparente. Sendo unha organización participativa e democrática e que ten como obxeto principal suministrar a enerxía eléctrica, de orixe renovable, aos seus socios. Todos os interesados poden acceder a través da páxina web  www.nosaenerxia.com

O terceiro poñente, D. Alfredo Arjones, distribuidor de Solarspot Galicia, deu a coñecer un sistema novedoso para iluminar as zoas escuras de calquer edificio, vivenda, … consistente en que este mecanismo transporta a luz diúrna natural, ás zoas escuras, sen aportar calor e sen gasto de electricidade, durante as horas diúrnas. Este sistema foi galardoado como produto innovador e foi o primeiro tragaluz tubular que recibiu o Avis Técnico. Os interesados poden acceder a páxina web www.tempospot.es

Por último, a responsable da O.M.I.C., dona Antonia Yanes, recordou a todos os veciños e veciñas que a oficina está a disposición para solventar calquera reclamación, así como para axudar a tramitación dos expedientes que sexan necesarios. O teléfono de contacto 986640000-ext.2211