Chama ao Punto Limpo e sácalle partido ao seu servizo

A  concellería de medio ambiente, que dirixe Rosa Covelo, recorda á cidadanía que existe un teléfono de atención ao público do Punto Limpo donde se informa dos horarios de apertura e tipos de residuos que se poden depositar, o 986 640 307. Calquera veciño ou veciña pode facer uso deste servizo presentando o DNI na entrada do recinto. Os operarios deste servizo encargaránse de controlar e orientar ao usuario en todo o proceso de aceptación e almacenaxe dos residuos. 

O punto limpo de Ponteareas, situado na estrada de Guláns no barrio da Cruz en Areas, é un centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario e que necesitan unha xestión específica, polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou pola súa composición, pilas, disolventes e outros materiais. “Reciclando selectivamente dámoslleá vida unha segunda vida. Todos nos nosos fogares podemos facer un acto de responsabilidade e o concello quere apoiar esa boa actitude da cidadanía para que todos xuntos teñamos unha vila máis sostible, máis fermosa e máis amable”.

Así mesmo, recórdalle a todos e todas que o concello dispón dun servizo de recollida de enseres. “Non é preciso deixar os mobles na rúa, tan só debemos chamar ao teléfono do punto limpo para que nos indiquen cando e como deixar o enser para que o pasen recoller”.