

- Contou coa participación da alcaldesa, Nava Castro
A parroquia de Celeiros celebrou este luns con devoción a festividade do Santísimo Cristo da Saúde. A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, asistiu xunto coa veciñanza a esta tradicional celebración transmitida de xeración en xeración e que recolle a importancia de manter vivas tradicións e costumes, recoñecendo o valor que achegan á nosa sociedade.