Celebración do XXVII Festival Folclórico do Condado, este sábado e domingo na Praza Maior.

XXIV Festival Folclórico do CondadoA Vila do Tea celebra este sábado e domingo, na Praza Maior, a vixésimo sétima edición do Festival Folclórico do Condado, un dos festivais de recoñecido prestixio a nivel galego e un referente da música tradicional, no que participarán un total de 15 grupos, durante os dous días de celebración.

O sábado, día 13, ás 18 horas, os grupos participantes farán un pasacalles que sairá desde a Casa do Concello para facer un percorrido polas rúas da vila e no que cada grupo fará unha exhicición do seu baile, para ás 19:00 horas, na Praza Maior, comezar o XXVII Festival Folclórico do Condado, no que os grupos de pandeireteiras e grupos folclóricos participantes no festival deleitarán aos asistentes co seu bo facer e amosarán a súa arte. O domingo, día 14, no mesmo horario que o sábado, os grupos participantes volverán facer o pasacalles polas rúas da vila e a posterior actuación na Praza Maior.

O sábado, día 13, os grupos participantes serán os seguintes:
Grupo de Pandeireteiras “Algazara” de Celeiros
Grupo Folclórico “Algazara” de Celeiros
Grupo de Pandeireteiras “Tolerías“ da Casa Cultural de Areas
Grupo Folclórico “Centro Cultural de Areas”
Grupo de Pandeireteiras “San Salvador” de Padróns.
Grupo Folclórico “San Salvador” de Padróns
Grupo Folclórico “Centro Cultural de Xinzo”

O domingo, día 14, participarán os seguintes grupos:
Grupo Folclórico “Os Muíños“ de Oliveira.
Grupo de Pandeireteiros “Os Afoutos” de Santiago de Oliveira.
Grupo de Pandeireteiras “San Martiño” de Moreira.
Grupo de Pandeireteiras “Ondiñas do Mendo” de Leirado.
Grupo Folclórico “Ondiñas do Mendo” de Leirado.
Grupo Folclórico “Castromao” de Mondariz.
Grupo de Pandeireteiras “A Pedra da Garza” de Fozara
Asociación Folclórica “A Pedra da Garza” de Fozara.