Carmeliña García e Xan Dacosta darán vida á obra de Rosalía de Castro este venres na Biblioteca Pública Municipal

O concelleiro de Cultura ante a pancarta conmemorativa do Día de RosalíaEste venres, día 27 de febreiro, os amantes da poesía rosaliá poderán gozar dun recital especial sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, a cargo de Carmeliña García e Xan Dacosta, encargados de dar voz á iniciadora do Rexurdimento da Literatura Galega, ás 20:30 horas na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Pública Municipal.

Este recital poético forma parte dos actos de celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, organizados pola Biblioteca Pública Municipal, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro, coa finalidade de difundir a obra rosaliá. Ademais ao longo do mes poderase contemplar exposicións de debuxos e poesías de Rosalía realizados por escolares de Primaria dos centros educativos de Ponteareas. Igualmente, todos os usuarios da Biblioteca Pública Municipal serán agasallados con marcapáxinas conmemorativos do aniversario do nacemento da poetisa de Padrón.