Carme Adán falou das consecuencias da sociedade patriarcal onte na sala multiúsos do auditorio municipal

A escritora, filósofa e politóloga Carme Adán conversou onte en Ponteareas coas e cos asistentes á charla “Feminicidio:falando claro de violencia” sobre a sociedade patriarcal e a desigualdade de xénero.

Enmarcada na programación específica deseñada pola Concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera con motivo do vindeiro día 25 Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Carme Adán analizou o significado do patriarcado e como esta forma de organización social foi adaptándose aos novos tempos, as mulleres na sociedade actual e os obstáculos que nos atopamos e dos esforzos que facemos para definir a nosa propia identidade día a día.