Carlos Costal Fernández gaña o IV Torneo Intercentros de Xadrez

 

 

Segunda clasificada Noelia Malmierca Julián e terceiro David Lago Rodríguez

Hoxe 13 de xaneiro de 2020, e baixo a dirección de Alejandro de León (persoal administrativo do centro educativo), celebrouse no IES Val do Tea de Ponteareas a IV edición do Torneo Intercentros de Xadrez coa participación dos alumnos do IES do Barral o IES Pedra da Auga e o IES Val do Tea. 

Participaron un total de 47 alumnos e alumnas que acompañados polos seus profesores, e baixo a atenta ollada da catro veces campioa de España feminina Yudania Hernández, disputaron un torneo de 7 roldas a 7 minutos resultando vencedor Carlos Costal Fernández, segunda clasificada Noelia Malmierca Julián e terceiro David Lago Rodríguez. 

É importante subliñar que con este Torneo de Xadrez ao igual que con outras actividades Intercentros, trátase de acadar un intercambio educativo entre tódolos alumnos e alumnas participantes. 

Na entrega de agasallos e trofeos ademáis da Vicedirectora do Val do Tea, Uxía Martínez, estiveron por parte do Concello de Ponteareas Cristina Fernández como Concelleira de educación e Miguel Bouzó como Concelleiro de Mocidade. 

A vindeira cita xadrecística Intercentros celebrarase no IES Pedra de Auga a finais de febreiro.