Canedo réndese á maxia con Ian&Elisa ao abeiro do programa Cultura24

A actuación será este sábado 11 ás 19.30 horas con entrada de balde

Canedo réndese á maxia con Ian&Elisa ao abeiro do programa Cultura24A maxia volve conquistar as parroquias ponteareás esta fin de semana ao abeiro do programa Cultura24. Este sábado 11 de marzo o Centro Cultural de Canedo será o escenario que acollerá unha nova sesión de ‘Maxia familiar’ con Ian&Elisa, un espectáculo no que a maxia e o ilusionismo mesturaranse con outras técnicas para mergullar ao público nun mundo imaxinario no que nada se considera imposíbel.

Dirixida a nenos, nenas e persoas maiores, a actuación comezará ás 19.30 horas e será de balde e con entrada libre ata completar aforo.

O Concello de Ponteareas amplía con este espectáculo a programación do Cultura24, un programa posto en marcha dende hai anos “para achegar a actividade cultural a cada recuncho da nosa vila, enchendo de máis vida as nosas parroquias e poñendo en valor e promocionando a arte de grupos, artistas ou asociacións musicais, teatrais e culturais de Ponteareas ”, explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

O edil convida a toda a veciñanza a achegarse ata Canedo para vivir unha nova tarde de lecer ao abeiro do Cultura24, que ofrece un amplo abano de actuacións gratuítas coas que dinamizar as 24 parroquias.