Campaña educativa “Separemos ben, reciclaremos mellor” este sábado en Ponteareas.

SOGAMAEste sábado, día 25 de outubro, a Praza de Bugallal de Ponteareas contará cunha aula educativa ambiental, dentro da campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor”, que promove a Consellería de Medio Ambiente e Sogama, contando coa colaboración e apoio de Ecoembres, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas, en colaboración co Concello de Ponteareas.
Esta nova acción súmase ás campañas desenvolvidas pola Concellería de Servizos Comúns, que dirixe Jesús Cao Vila, e que están orientadas a formar e a animar a unha axeitada separación dos refugallos urbanos. Segundo o edil de Servizos Comúns, é importante fomentar e colaborar en todas as campañas de reciclaxe para incrementar as taxas de reciclaxe e acadar os beneficios ambientais que trae consigo a correcta separación dos residuos por parte da cidadanía. Igualmente quere animar a todos os veciños a que se acheguen ata a carpa instalada na praza de Bugallal, onde aqueles que así o desexen recibirán información axeitada por parte de educadores ambientais e onde os máis pequenos serán agasallados cun detalle polo seu interese pola reciclaxe.