Campaña de concienciación para o respecto dos aparcamentos para persoas con mobilidade reducida

“Isto non é unha zona VIP, é unha necesidade”, con esta frase colocada nun soporte publicitario á entrada de Ponteareas, a concelleira de Seguridade Viaria, Vanesa Fernández, quere concienciar á cidadanía para que respecte os espazos de aparcamento reservados para persoas con mobilidade reducida. 

A Policía Local realizará unha campaña de concienciación e vixianza para que ninguén aparque en zonas nas que tan só se pode aparcar coa tarxeta identificativa das persoas con mobilidade reducida.

“Todos temos o noso espazo na cidade, concienciar para poder convivir amablemente é a finalidade destas campañas coas que queremos garantir que se faga un bo uso de cada espazo e se respecten os dereitos de todos e todas”.