Calendario 2020 para a ITV de ciclomotores

A Policía Local informa do calendario do ano 2020 que a unidade móbil da ITV terá en Ponteareas. A UM 9 da ITV estará no parque de San San Roque os vindeiros días do 2020:

– 3 de febreiro en horario de 9 a 13:3,0h

– 24 de febreiro en horario de 9 a 13:30h

– Do 11 ao 12 de maio en horario de 9 a 13:30h e de 15:15 a 18:00h. Agás o 12 que terá un horario de 9 a 13:30h.

– 16 de setembro en horario de 9 a 13:30 horas.

– 15 de outubro en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas.

O número de teléfono para pedir cita previa é o 902 30 90 00.