Cabaré, humor e acrobacias na Gran Gala de Circo este domingo no auditorio municipal

O auditorio municipal acolle o domingo 30 de agosto a representación da obra “Gran gala de Circo”. Un espectáculo de PistaCatro que se inscribe dentro da fórmula do cabaré colectivo, espectáculos de variedades onde se misturan números de humor, monólogos, acrobacias e pasos de claqué.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que esta é unha das obras programadas no marco do convenio con AGADIC para este segundo semestre do ano co obxectivo de reforzar a programación cultural estable e de calidade ofertada nos últimos anos. O concelleiro invita ao público a gozar deste espectáculo multidisciplinar e variado conducido por divertido e misterioso mestre de cerimonias.

Dentro deste ciclo de actividades programado con AGADIC o público tamén poderá desfrutar do espectáculo “Ser e Terra” de Nova Galega de Danza, da obra “Loló e Mamá” de De Ste Xeito Produccións, da obra “Senior” de Culturactiva e das actuacións de mologuistas como Candido Pazó e Serxio Pazos.

As entradas pódense mercar anticipadamente no auditorio municipal o sábado de 11 a 14 horas ou o domingo dende as 18 horas.