Búscanse promesas do deseño e persoas interesadas na modelaxe para converter Ponteareas nunha gran pasarela

Búscanse promesas do deseño e interesadas na modelaxe para converter Ponteareas nunha gran pasarela

Voluntarios e voluntarias municipais traballan co Concello para poñer en marcha o primeiro desfile de moda do programa Mocidade Viva

Os voluntarios e voluntarias municipais queren converter Ponteareas nunha gran pasarela para novas e novos creadores. As e os participantes no programa Mocidade Viva, que procura promover un lecer saudábel e alternativo entre rapazas e rapazas maiores de 12 anos, buscan persoas interesadas en participar no primeiro desfile de moda organizado ao abeiro deste programa.

Con esta actividade ofrécese a promesas do deseño a oportunidade de dar a coñecer algúns dos seus traballos. Pero tamén será unha oportunidade para as persoas interesadas no mundo da modelaxe, que poderán desfilar lucindo os modelos dos creadores e creadoras participantes.

As persoas interesadas en participar en calquera das dúas modalidades, poden solicitar máis información a través do perfil de Instagram @MVPonteareas ou do teléfono 687 764 516.

Esta proposta é, como salienta o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, “unha clara mostra da iniciativa que teñen os nosos mozos e mozas organizando unha actividade pioneira na vila. Teñen gañas de gozar dun lecer diferente, saudábel, e implícanse para conseguilo”. O edil convida a todas as persoas interesadas no mundo da moda a participar neste gran desfile, pendente de peche de data, e a toda a veciñanza a asistir como público. Voluntarios e voluntarias municipais traballan co Concello para poñer en marcha o primeiro desfile de moda do programa Mocidade Viva