Bautista e o vereador de Cultura de Monçao acordan continuar coa cooperación entre concellos

O goberno ponteareán valorará esta e outras cuestión nun encontro que manterá coas asociacións alfombristas o 8 de marzo

 

IMG-20160305-WA0009A concelleira de Cultura e Turismo de Ponteareas, Hortensia Bautista, e o vereador de Cultura de Turismo de Monçao, Paulo Jorge Moreira, acordaron seguir estreitando as relacións en proxectos comúns de posta en valor do patrimonio cultural galego e portugués entre as dúas vilas.

 

Moreira agradeceu e eloxiou a xa tradicional participación dos alfombristas de Ponteareas na confección da alfombra floral no Corpus da localidade lusa e apostou sen paliativos por seguir con este irmanamento. Tanto Bautista como Moreira amosaron a súa total predisposición a traballar en proxectos conxuntos que estreiten os lazos culturais entre as dúas vilas.

 

Trátase dunha reunión que se produce xusto antes doutra non menos importante coas asoaciacións alfombristas de Ponteareas, na que tanto Baustista como o alcalde, Xosé Represas, abordarán entre outros asuntos o calendario de difusión da Festa de Corpus e recollerán as suxerencias e opinións dos alfombristas sobre todo o relacionado coa festa do Corpus,  que este ano terá lugar domingo o 29 de maio. O goberno local aproveitará para comunicar algunhas ideas destinadas a mellorar a organización das pasadas edicións.