Batucado ou como aprender a través da música

O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de entre 3 meses e 4 anos e terá lugar no Conservatrorio Municipal Reveriano Soutullo o vindeiro 28 de abril

 

cartel-batucadoBatucado é un obradoiro gratuíto que terá lugar o vindeiro xoves, 28 de abril, a partir das 16:30 horas no CMUS Reveriano Soutullo. Organizado polas concellerías de Benestar Social e Ensino, dirixidas por Verónica Carrera e Cristina Fernández, respectivamente, está destinado a nenos e nenas de entre 3 meses e 4 anos de idade e ten como principal obxectivo fomentar actitudes e comportamentos positivos cara a música, aproveitando o potencial educativo da mesma.

 

Os cativos, acompañados sempre dun adulto, poderán realizar diferentes actividades cuxo deseño ten unha única premisa: aprender xogando. Aspectos como a entoación, a conciencia rítmica e a expresión corporal a través da música son algúns dos exercicios que se levarán a cabo.

 

A principal finalidade é dotar ás crianzas dun mellor sistema auditivo, dunha maior facilidade para expresar os vínculos paterno filiais, de máis capacidades motrices e creativas e de máis ferramentas para socializarse e para expresarse dende o punto de vista lingüístico.

 

A participación é gratuíta e as inscricións pódense realizar chamando aos números de teléfono 654 222 972 e 650 606 363.