Bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a entidades para actividades e investimentos

Solicitude inclusión plan culturalA Deputación  Provincial  de  Pontevedra,  ven  de  publicar  o  día  08  de xaneiro de  2014,  as  bases que  rexerán  a  concesión de  axudas  económicas  para  promover, fomentar  e  difundir aquelas  actividades  culturais  que  organicen  as persoas físicas  e xurídicas sen  ánimo  de  lucro,  así  como as  destinadas  a  recuperar  e conservar  o patrimonio  provincial,   sendo  prioritarias as  accións tendentes  a mellorar  a  calidade  de  todas  as manifestacións  culturaris  contribuíndo á  modernización e  recuperación da  nosa cultura.

Estas  liñas  de  subvencións  agrupanse  en  tres apartados:

  • Actividades  Culturais:  Diríxese  ó  financiamento  de concursos  literarios,  periodísticos,  actos  folclóricos e  musicais,  intercambios culturais,  certames,  conferencias,  etc.
  • Instrumentos  e  Vestiario:  Diríxese  a financiar  ós  grupos  e  ás  asociacións musicais  da  provincia  para  a  adquisición  de  instrumental  ou  vestiario propio destes, debendo figurar  na  solicitude un  único  concepto.
  • Infraestrutura:  Diríxese  ó  financiamento  para  a construcción ou  rehabilitación  de  centros  culturais,  restauración  de  monumentos,  etc.

Tamén sairon publicadas o día 8 de xaneiro as Bases que rexen a inclusión no Plan Cultural da Deputación Provincial de Pontevedra e,  no que poden incribirse as bandas de música, grupos folclóricos e de pandereteiras, bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos de teatro, etc.

As  solicitudes  de subvencións, tanto para gastos en actividades ou infraestructura como para incluirse no Plan Cultural Municipal,  presentaranse  no  Rexistro  Xeral  da  Excma.  Deputación  Provincial  de  Pontevedra  no  prazo  dun mes  contado  a  partir  da  publicación  destas  bases no  BOP.

Para  máis  información, os  interesados poden  dirixirse  ó  Departamento  Municipal  de  Cultura,  sito na Biblioteca Municipal de Ponteareas, rúa  A Perillana s/n    Ponteareas.

 

Descarga os modelos de solicitude:

Modelo solicitude axudas actividades 2014 (106.9 KiB)


Solicitude inclusión plan cultural (116.2 KiB)