Bádminton solidario esta fin de semana

O Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra, organiza este sábado 28 de Decembro o III TORNEO SOLIDARIO DE BÁDMINTON no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas dende as 16:30h as 20:30h.
O Club Bádminton amosa o seu lado máis solidario 
Preto de 100 deportistas de diferentes centros educativos e clubes da zona do Condado, A Paradanta, Vigo e Valmiñor veranse as caras na pista, esta xornada, sin duda, será una gran festa do deporte e da solidaridade. 
As inscricións son abertas e gratuitas e tan so deben achegar un produto de comida non perecedoiro. Os produtos recadados foron doados íntegramente ao centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos Socias do Concello de Ponteareas.
Para o Club é unha satisfaccion poder colaborar con esta iniciativa que xunta tantos valores positivos como o deporte, a solariedade e a participación familiar. Como club, nos sentimos orgullosos dos logros do club, sobre todo, da sua vocación de apoio o deporte de base e a os menos favorecidos.