[Cándido Pazó presenta “Que comerá o rei?”]

Data/Hora
Data(s) - 28/01/2017
8:00 p.m. - 11:00 p.m.


Cándido Pazó presenta “Que comerá o rei?”

A actor Cándido Pazó presenta en Ponteareas “Que comerá o rei?”

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, dirixida por Hortensia Bautista, continúa coas actividades de homenaxe a Castelao.
Este sábado, ás 20:00 horas, Cándido Pazó presenta no Auditorio Municipal “Que comerá o rei?”, un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.

“Que comerá o rei?”, título tomado dun texto das estampas do álbum Nós de Castelao, trátase dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Estes contos son narrados, en relación viva e directa co público, coa maxia da palabra de Cándido Pazó; actor, director, guionista e narrador oral de múltiples obras da escena galega.
A entradaa serà libre e gratuita ata completaar aforo.